Ultimando a creación dun museo virtual de rutas etnográficas
O proxecto Granxafamiliar.com, un sistema de comercialización de produtos agrarios de orixe familiar, no que participan unha ducia de granxas luguesas e que lidera o profesor Carlos Ferrás, do grupo de investigación GisT-Idega da USC, traballa xa nunha nova iniciativa: un museo virtual de rutas etnográficas de Galicia (que se aloxará no web www.galiciaautentica.org) que recollerá en formato multimedia aqueles aspectos da cultura, paisaxe, estilos de vida, costumes e tradicións, gastronomía, arqueoloxía ou patrimonio que permiten obter unha auténtica visión «alternativa» da xeografía cultural de Galicia.Proxecto Cofinanciado: | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |