Outras novas



Arquivos AsociadosImaxen
Xadrez artesán
Xadrez artesán
Ampliar
 
A cultura do barro
A cultura do barro
Ampliar
 
Artesán en acción
Artesán en acción
Ampliar
 
Casa dos Caseiros
Casa dos Caseiros
Ampliar Siguiente
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Paisaxe e tradicións da Costa da Morte



Durante a primavera de 2009, alumnos e alumnas de diferentes cursos da facultade de Xeografía de Santiago de Compostela,acompañados polo profesor Carlos Ferrás, visitaron a granxa Casa dos Caseiros, ubicada no lugar de Xornes de Arriba, no concello de Ponteceso.


Os/As 19 participantes, de diferentes idades, coñeceron de primeira man algúns dos recunchos máis belos da paisaxe e a tradición da Costa da Morte.
Trala chegada á granxa e o recibimento por parte da súa propietaria, Lucía, os alumnos e alumnas puideron contemplar o exterior e o interior dunha casa señorial galega tradicional, á vez que a atenta anfitriona lles explicaba a historia do lugar.



Patrimonio galego


Ó longo da mañá, e despois da visita á casa señorial e ós magníficos arredores da parcela na que se ubica (especial mención merecen o cabazo e o pombal), a expedición foi guiada pola horta de Lucía, e ela mesma lles amosou os invernadoiros, os cultivos de exterior e os animais da súa granxa, acompañando a visita con acertadas explicacións sobre o observado en cada caso.



Os invernadoiros de Casa dos Caseiros


Despois da anterior visita, os mozos e as mozas foron conducidos/as ata unha paraxe de fermosas praias non urbanizadas, exemplo da grandeza da máis abrupta Costa da Morte.
Outro dos puntos fortes da viaxe foi a visita ós muiños de mar da zona, onde os/as universitários/as comprobaron o inxenio dos nosos antergos á hora de obter enerxía renovable para poñer en funcionamento os muiños que moerían o gran.



Muiños de mar



Costa da Morte salvaxe


Trás unha breve visita á fermosa vila mariñeira de Malpica, peculiar polo seu urbanismo, os/as visitantes despediron a xornada en Buño, terra coñecida pola súa grande tradición alfareira.



A cultura do barro


Unha vez alí, todos e todas tiveron a ocasión de comprobalos traballos dun profesional da arxela, ó tempo que coñecían, de man dunha fonte privilexiada, os segredos da tradición desta arte.
Aproximadamente ás 18:00 o grupo chegaba a Santiago cun amplo sorriso e a enorme satisfacción de coñecer unha das zonas máis incribles de Galicia.



Foto de familia


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Lucía de Casa dos Caseiros pola súa inestimable colaboración.
 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons