Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

Outros%20produtos

Arquivos AsociadosImaxen
ImaxesImaxesImaxes
  Siguiente
Sons

Millo do país do Agro do Cruceiro

Videos O millo do Agro do Cruceiro
O millo do Agro do Cruceiro
Anterior Ampliar Siguiente

Millo



O millo vén cultivándose en Galicia dende hai máis de dous séculos e utilizábase para a alimentación humana e gandeira. A fariña de millo empregábase para facer boroa, empanada e tortas, ben soa ou mesturada coa de trigo e centeo. Dende hai máis de 40 anos esta práctica caeu en desuso. A agricultura ecolóxica trata agora de recuperar prácticas tradicionais do uso do millo para a alimentación humana. Isto non sería posíbel si as variedades tradicionais desaparecesen como consecuencia da súa substitución por híbridos de millo comerciais máis produtivos. Afortunadamente, o CIAM ten recollidas máis de 750 variedades de millo do país que se gardan no banco de xermoplasma.

Outro uso do gran de millo era para a alimentación animal. As mazarocas, unha vez colleitas, gardábanse no canizo, aínda se fai nalgúns casos. O gran enteiro, ou mellor, a súa fariña, utilízase para a alimentación do gando vacún, porcino e aves. Ademais, a planta cortábase por enriba da mazaroca ao final da súa maduración e subministrábase ao gando vacún para a súa alimentación nunha época do ano (metade e final de setembro) na que a herba e o pasto son escasos.

Hoxe en día as explotacións gandeiras modernizadas cultivan maioritariamente o millo para uso forraxeiro como ensilado. Deste xeito aproveitan de forma integral a planta enteira. Polo tanto cómpre facer investigacións neste eido para obter variedades melloradas para uso como forraxe ensilada.

 

Granxas que ofrecen este produto
Agro do Cruceiro (Coristanco)    
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas