Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Incorporar una granxa

Se estás interesado en formar parte de Granxa Familiar, só tes que poñerte en contacto con nós nesta conta de correo.

Contacta con nosotros
Noso Mercado

A%20nosa%20horta

Leituga



A leituga (Lactuca sativa) é unha planta moi cultivada nas leiras e hortas galegas. Propia de rexións temperadas, é unha planta anual que se cultiva para uso alimentario.

O que consumimos son as follas, que crecen a partir dun talo curto, dispostas en roseta, de cores verdes, máis ou menos intensas segundo a variedade. De feito, existen diferentes variedades de leituga entre as que destacamos:

- Iceberg: de rebentos apretados e densos, semellantes á col; carece case por completo de sabor, mais goza de amplo uso pola suave textura e a facilidade para cortala finamente.

- Romana: de rebento longo, con follas aproximadamente lanceoladas, menos grosas que as iceberg, pero grosas; as follas átanse para provocar o branqueado.

- Francesa: de rebento redondo, follas finas e textura manteigosa; ten un sabor delicado e intenso.

- Batavia: similar á francesa, de rebento solto, follas rizas e textura manteigosa.

Normalmente tómase crúa, como ingrediente de ensaladas e outros pratos; certas variedades, de orixe chinesa sobre todo, posúen unha textura máis robusta e empréganse cocidas.

A leituga ten moi pouco valor nutritivo pero é rica en antioxidantes, como a vitamina A, C, E, B1, B2 e B3, minerais: fósforo, ferro, calcio, potasio e aminoácidos. As follas exteriores máis verdes son as que teñen maior contido en vitamina C e ferro.

 

Granxas que ofrecen este produto
Casa Sampedro (Brión)   Casa dos Caseiros (Ponteceso)
Pazo de Sabadelle (Chantada)   Agro do Cruceiro (Coristanco)
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas