Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Buscar
Buscar

 

 

...preparado para vivir unha aventura da que non te vas esquecer
Visitar

Descubre os noses produtos exclusivos

Visitar

museos

 

Noso MercadoA Nosa Feira
18|09|2015

Se queres degustar o ouro liquido producido de maneira totalmente caseira, non dubides en chamar a Casa Pájaro. Un mel multifloral totalmente natural. Os seus prezos varían según o tamaño, un bote de 1 kg, 7 euros, ½ kg a 4 euros. Ademais podes visitar a súa produción e coñecer de primeira man a Fraga de Catasós ou outros entornos naturais da comarca do Deza.  Podes contactar con nós mediante teléfono, 662084529 (Fernando de Casa Pájaro)

17|09|2015

Vendemos carne de becerro a 6,50 €/k criados ó aire libre nas montañas da Serra do Xistral e que por suposto posúe certificación Tenreira Galega Suprema. A súa alimentación é absolutamente natural baseada en leite materno e pastos como  principais alimentos e empregando como complemento para as nais cultivos obtidos no lugar, elementos estes que resultan claves para obter o auténtico sabor da carne de tenreira criada no interior de Galicia. O produto sérvese despezado podendo optar por un tenreiro completo, medio, cuarto tenreiro, ou lotes de 10 quilos que inclúen filetes, costeleta, falda (churrasco) e carne para asar.  Contactar con Jorge de Casa do Carracedo no número 676196243

10|06|2015

En Casa Maripepa ofrecemos carne de tenreiros criados durante toda a súa vida con leite de nais que se ceiban cada día no monte  tal como se fixo sempre nas casas labregas de Galicia. Dispoñemos deles en forma  de medias canais ou de lotes de entre cinco a quince quilos compostos de filetes, agulla, carne magra para guisar, xarrete, e churrasco. Sen embargo a nosa especialidade é a carne de tenreira cachena que é criada completamente ó aire libre nos montes da parroquia da Condomiña no concello ourensán de Irixo; é esta unha carne máis recia e dura e cun sabor máis forte que proporciona a alimentación a partir de pastos naturais. Pódese contactar con nós no número 608 884802 e preguntando por José Manuel. 

09|06|2015

Dende Vilanova de Arousa no corazón das Rías Baixas ofrecemos produtos de horta naturais cultivados nunha das zonas máis fértiles de toda a comunidade. Temos á disposición leitugas, cebolas, berenxenas, calabacín, pepino, xudías, tomate, pemento de Padrón, e tamén pementos morróns.  Tódolos produtos son frescos  de temporada polo que é necesario consultar dispoñibilidade e prezo con Carmen de Casa Carballal nos teléfonos 986 561300 ou 630 242998.

07|10|2015

En Casa Varela non só nos dedícamos ós queixos coa etiquetaxe Arzúa-Ulloa. Tamén dispoñemos de outros queixos producidos co leite das nosas propias vacas. Entre eles pode degustar unha das nosas innovacións. Trátase do queixo picante, o cal dispoñemos de dous tamaños, por unha parte o grande 500 gramos mentres que o pequeno é de aproximadamente 300 gramos. Para máis información, contactar con nós vía teléfono,  619867425 (Minia) ou mail, casavarela@granxafamiliar.com

07|10|2015

No corazón de Galicia, concretamente no concello de Antas de Ulla, temos a nosa explotación de vacas. Grazas a estas e a unha especial atención da súa alimentación obtemos unha excelente materia prima para os nosos queixos. Producimos baixo a denominación  Arzúa-Ulloa, da cal temos dos tamaños de queixos. Por unha parte, un queixo de tamaño pequeno a 6 euros mentres que o grande, de aproximadamente 3 kilos, a 20 euros. Se queredes máis información, non dubides en contactar con nós vía teléfono, 699444114 (Hilda) ou mediante mail, casadieguez@granxafamiliar.com

23|09|2015

En Agro do Cruceiro (Coristanco) vendemos produtos de tempada e agora dispoñemos de dúas variedades de pementos, cultivados  de maneira totalmente natural e caseira, nos nosos invernadoiros. Ademais, a rica composición do solo desta comarca fai que os diferentes produtos da nosa horta teñan unha calidade excepcional.  As dúas variedades de pementos son, por unha parte, os pementos morróns a 2 euros/kg. Ideais para rechear de carne. Logo, tamén dispoñemos dunha variedade galega, pemento de Oímbra, a 2’5 euros/kg. Estamos dispoñibles para calquera consulta, mediante os números 639630693 (Dolores) ou 981713462.

18|09|2015

Estamos a promocionar as plantas medicinais culinarias, máis concretamente as edulcorantes como son a Estevia e a Dulce Azteca, cultivadas por Herbas de Caaveiro, moi saludables para o noso corpo, xa que teñen multitude de efectos beneficiosos e son de cultivo totalmente ecolóxico. Se te animas a probalas podes chamar a Silvia de Casa das Flores  ó número 639013937

Noso MercadoEl Anuncio

Fecha
23|01|2015

Granxa
Casa Monte Pío

Anuncio

Vendemos viño Albariño con denominación de orixe Rías Baixas en caixas de 3 e 12 botellas a 18 e 70€ respectivamente, IVE incluido. Ademais dispoñemos de ovos caseiros, tomates, leitugas, e unha ampla variedade de produtos de horta cultivados de xeito natural. Se queres saber máis contacta con casamontepio@granxafamiliar.com ou con Pablo ou Ismael nos teléfonos 981 570 698 e 609 563 353

Ver información da Granxa
ImaxesImaxesImaxes
  Siguiente
Bodega das Ánimas
Bodega das Ánimas
Ampliar Siguiente

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas