Galego Castellano Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
Nosas Granxas

Casa dos Fungos

Información de la Granxa

Diverciencia 2010. Granxas Dixitais. O CEIP Pío XII visita a Casa dos Fungos


O pasado día 18 de novembro do 2010 o colexio Pío XII de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”“, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade foron acompañados por dous técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar a granxa Casa dos Fungos.


A granxa Casa dos Fungos localízase na parroquia de Xubial, en Melide. Trátase dunha granxa dedicada á produción de cogomelos e froitos do bosque.



Tralo recibimento e a presentación das instalacións, comezaron as actividades.


Santiago, dono da Casa dos Fungos, amosoulles ós nenos diferentes variedades de cogomelos producidos na granxa, así coma outro tipo de produtos coma nabiza, repolo, etc...



Lepiotas


Tras coñecer Amanitas, Boletus e moitas outras variedades micolóxicas, os/as nenos/as participaron no proceso de selección das castañas, co fin de observar cales estaban en bo estado e cales non.


Escoitar:Castañas flotantes


Posteriormente, o grupo empezou cunha das actividades máis interesantes: prantar setas Shi-Takee mediante o método da inoculación.



Plantación de Shi Takee


Lamentablemente a chuvia impediu relizar todas a actividades previstas para o exterior da granxa, pero foron sustituídas por unha didáctica visita ó Museo Etnográfico Terra de Melide, que abríu as súas portas ex profeso para acoller ós rapaces e ás rapazas.



No museo



Queremos agradecer dende o grupo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela a colaboración de Santiago, o granxeiro de Casa dos Fungos, así como a participación do colexio Pío XII no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais.
 
Os nosos produtos
Fungos e setas   Pequenos froitos do bosque
 

Consulta todas as novidades o noso Canal de Youtube onde poderás atopar conferencias, charlas e reportaxes sobre Granxafamiliar.
Visitar

Benvidos á Galicia que estades a punto de descubrir...

Háznoslos llegar

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889) (Cso2009-10938)
Coa colaboración de:
Proxecto cofinanciado con fondos públicos
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas