Outros produtos da horta
O noso repolo, de cor branca e cabeza plana, ten un tamaño medio e destaca por ser moi doce e tenro. O grelo é moi saboroso e non excesivamente doce. As leitugas son grandes e moi tenras. Os produtos da horta e as verduras están dispoñibles segundo a tempada.
Tamén temos froitas do país. Son pezas moi carnosas e de pel dura. Temos mazás entre marzo e agosto, e peras entre agosto e xaneiro.
Estes son os nosos prezos:
Patacas: 40-70 céntimos de Euro o quilo.
Grelos ou nabizas: 1 € o feixe.
Leitugas: 6 € a ducia.
Porros: 1,20 € o quilo.
Espinacas: 3 € o quilo.
Acelgas: 80 céntimos de Euro o feixe/manoxo.
Pementos: 1,20 € o quilo.
Mazás: consultar prezo na granxa.
Peras: consultar prezo na granxa.
¿Como mercar os nosos produtos?
a. Marcando o número 605970081 (Fernando)
b. Enviando un correo electrónico a casaernesto@granxafamiliar.com
c. Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades