· A nosa horta | · A Queixería | · Froitas do País |
· Outros produtos | · As nosas carnes | · Viños galegos |
· Prantas ornamentais | · Prantas comestibles | · Fabas |
· Tenda online |
Dirección: | Vinseira Grande, 36 Celas. 15189 |
Localidade: | Culleredo, A Coruña |
Teléfono: | 687468130 J. Antonio, 687468131 Elena |
Conta de Correo: | casadexesto@granxafamiliar.com |
Facebook: | https://www.facebook.com/GranxaFamiliar |
Ola somos Antonio Rumbo y Elena Feal; unha familia cunha pequena granxa de orixe labrego en Vinseira Grande na parroquia de Celas de Peiro, situada no Concello de Culleredo.
Na granxa cultivamos en invernadoiros e tamén ao aire libre sempre produtos de tempada. Cultivamos tomates, pementos, cebolas, leitugas, repolos, patacas, grelos e outras variedades de horta. Tamén vendemos ovos das nosas galiñas que alimentamos de xeito totalmente natural.
Dende Casa de Xesto ofrecémosvos os alimentos que nós mesmos consumimos, produtos naturais e de calidade, como ti mesmo podes comprobar visitando a nosa granxa. Se te animas podes incluso participar na recolección.
Convidámoste a coñecer a nosa querida parroquia de Celas no concello de Culleredo (a carón da cidade da Coruña), onde podes visitar os Muíños de Xesteira, a Torre Medieval de Cela, e mesmo degustar pola festa do magosto os famosos bocadillos de torresmos con castañas asadas.
Os prezos da nosa variedade de produtos de horta son:
Leituga: 0,60 céntimos (riza ou lisa).
Tomate ensalada: 1,50 euros o quilo.
Tomate corazón rugantino: 2 euros o quilo.
Pemento morrón de couto: 1,85 euros o quilo.
Patacas: 0,60 céntimos de euro o quilo.
Cebolas: 1 euro o quilo e a ristra.
Repolo: 1 euro o quilo.
Grelos: 1,50 euros o feixe.
Coliflor: 1,50 euros o quilo.
Nabizas: 1,50 euros o feixe.
Ovos: 3,50 euros a ducia
Estes prezos son orientativos. Podemos entregar o pedido gratuíto dependendo da cantidade e en lugares próximos á nosa granxa.
Convidámosvos a coñecer a nosa granxa calquera día da semana, previa confirmación. Son benvidos os grupos de escolares e as familias. Ver Plano
Cómo mercara. Marcando o número 687468130 (J. Antonio); 687468131 (Elena)
b. Visitando a granxa
Granxa Familiar dispón de prezos de transporte moi competitivos, tanto en envíos sen frío, refrixerados como para grandes volumes. Nos seguintes enlaces pódense consular as táboas de prezos e as condicións dos servizos.
Servizo sen frío
Servizo con frío
Servizo para grandes cantidades
![]() |
![]() |