Arquivos AsociadosImaxen
Tenda Online
Tenda Online
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Granxa Familiar traballa arreo para poņer a punto unha tenda online!

Neste mundo das tecnoloxías e internet, a comunicación ten que renovarse e adaptarse continuamente. É por iso, que para seguir axudando ós nosos asociados a aumentar as súas ventas, en busca do desenvolvemento do rural galego, non deixamos de abrir camiños para chegar a posibles novos clientes.


Unha poderosa ferramenta de contacto entre as persoas é Facebook, onde ficamos presentes coa nosa páxina de Granxa Familiar, na cal estamos a preparar unha tenda online sinxela, directa e cómoda para que todo aquel que chegue a ela poida atopar e mercar o que precise coa maior facilidade.


A idea é comezar cun dos nosos produtores para probar o funcionamento e, se todo vai como queremos, estender a tenda a todos os membros da nosa familia.


Desta forma, engadimos máis vías para seguir cumprindo os propósitos da nosa asociación, intentando crear fluxos económicos directos para os habitantes do rural, sen intermediarios que encarezan os prezos, vendendo só produtos naturais, tradicionais, que son respectuosos co medio ambiente e que non poñen en perigo a fermosa paisaxe da que os galegos podemos desfrutar a diario.


Sen máis que dicir, agardamos que a tenda online de Facebook teña éxito entre os defensores do rural galego e da alimentación saudable. Cando esté todo listo xa vos avisaremos!

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovaciķn - Gobierno de Espaņa   Licencia de Creative Commons