Arquivos AsociadosImaxen
Noelia, Santiago e David en Casa dos Fungos
Noelia, Santiago e David en Casa dos Fungos
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Casa dos Fungos recibe a visita dos nosos becarios David e Noelia

Dende Granxa Familiar seguimos coa nosa intención de mellorar a vida no rural galego, creando canles de venta sen intermediarios entre os produtores tradicionais da nosa terra e posibles clientes das cidades.


Para comprender mellor a situación na que se atopan os nosos propios asociados, seguimos coa rolda de visitas persoais ás diferentes Casas.


Nesta ocasión, David e Noelia foron ata Melide, no lugar de Marín, parroquia de Xubial. Nesta zona está a nave principal de Casa dos Fungos, tamén chamada Fungocerga. Nela recibiunos Santiago, xerente desta empresa.


Santiago comentou que Fungocerga está composta por varios socios que se apoian na produción de produtos hortícolas, destacando os pequenos froitos do bosque e os fungos e cogomelos, producidos en troncos de carballo para incrementar a súa calidade.


A súa cooperativa dispón de terras moi dispersas por esta zona, que son traballadas polos socios e despois conflúen na nave principal para a súa distribución, normalmente a tendas especializadas, aínda que tamén a particulares do arredores e de fóra de Galicia.


E por riba de todo isto, destaca o total ecoloxismo da explotación. Non se usa ningún químico que prolongue a vida dun cogomelo, por exemplo, de forma que mantén todas as súas propiedades naturais no momento de chegar ó consumidor. Tampouco se conxelan, sempre manteñen o frescor da recollida nas húmidas terras dos bosques galegos.


Sen dúbida, Casa dos Fungos é un dos máximos expoñentes do que é Granxa Familiar: o ecoloxismo e a desintermediación por bandeira. Agora que comeza o outono, non perdas a oportunidade de chamar a Santiago (629 383 741) para aproveitarte da época natural de produción dos fungos!


 

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons