Arquivos AsociadosImaxen

Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Granxa Familiar e Greenpeace inician un proxecto conxunto de introdución de menús ecolóxicos na USC

Neste mes de Xullo, Granxa Familiar iniciou un proxecto en conxunto con Greenpeace Santiago para a introdución de produtos ecolóxicos, procedentes da agricultura familiar galega, nos menús dos comedores da Universidade de Santiago de Compostela.


Coma sempre, participamos neste proxecto con ilusión e sen ánimo de lucro, baseándonos nos nosos principais valores de desenvolvemento rural, defensa do medio ambiente, comercio xusto e saude pública. 


Preténdese chegar, en primeiro lugar (para o novo curso que comeza en setembro), a comedores universitarios tales como o da Facultade de Matemáticas, o cal xa tivo unha grata experiencia similar con nós. Se todo transcorre axeitadamente, a intención é ampliar o servizo a outros comedores e mesmo ó hospital e a restaurantes da cidade.


O obxectivo é propoñer dous menús: un menú sinxelo composto por unha hamburguesa solidaria e un postre natural, e o menú completo, co seu primeiro e segundo prato, postre e bebida, integrando a produción familiar e receitas solidarias de chefs comprometidos coa causa.


O equipo de desenvolvemento estará asesorado por Carlos Ferrás, director e fundador de Granxa Familiar, delegando a responsabilidade e a organización en:


Noelia Bergantiños: Bolseira Granxa Familiar e encargada da loxística cos produtores.


David Maquieira Salgado: Bolseiro Granxa Familiar e encargado da xestión dos recursos web e da difusión da idea mediante as redes sociais.


Lara Cortizas: voluntaria en Greenpeace Santiago e encargada da loxística cos restauradores.

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons