Os traballadores de GranxaFamiliar Noelia e David visitan a Imperio en Casa da Aldea
Noelia e David, gañadores de cadansúa bolsa Santander para traballar durante seis meses en GranxaFamiliar, fixeron a súa primeira visita a un dos nosos asociados, Imperio Corredoira, que posúe un invernadoiro cunha alta variedade de sementeiros en Casa da Aldea, Bieite, Coristanco.
Imperio mostroulles encantada a instalación na que traballa a cotío, botando numerosas horas a moi altas temperaturas, que en verán dentro do invernadoiro soen sobrepasar os 40 graos.
Os encargados do marketing online en GranxaFamiliar puideron observar e escoitar de primeira man os problemas continuos que dá o traballo no campo, aínda que Imperio sempre o di cun sorriso e moita ilusión por continuar.
Dámoslle as grazas por atendernos na súa casa e seguimos traballando para poder axudala en todo o posible!
Proxecto Cofinanciado: | ||||