Outras novas



Arquivos AsociadosImaxen
rato
rato
Ampliar
 
Sons

Non hai

Videos

Non hai

Obradoiro Agro Creativo e Novos Productos en Xunqueira de Espadañedo-Ourense


O Gist. Idega e o proxecto www.granxafamiliar.com imparten un obradorio con xóvenes da contorna de Xunqueira de Espadañedo-Ourense o próximo día 12 de setembro de 2015. Evento organizado pola Asociación Os Xuncos de Españadedo e a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.


O programa da xornada é o seguinte:

Sesión Primeira. Obradorio. Os productos agrícolas e o medio. Valor engadido. De 10:00 a 14:00 horas.


Identificaremos os productos locais e valoraremos a súas potencialidades comerciais. Definiremos unha Marca e unha estretexia de Marketing Territorial identificando os competidores a partir de técnicas de análise de espia a través da Rede. Identificaremos onde están os potenciais compradores e os grupos diana online e offline. Analizaremos casos de éxito e de fracaso en www.granxafamiliar.com.

 

Sesión segunda. Obradorio. Empresas Agroalimentarias creativas. Obradoiro de venta online. De 16:00 a 20:00 horas.

Analizaremos as posibilidades das Tendas Online identificando casos na Rede. Desenvolveremos un Taller Práctico sobre “Como creo a miña tenda online? As redes sociais, o marketing e a estratexia comercial. Analizaremos casos de éxito e de fracaso nas Redes Sociais de www.granxafamiliar.com


Se tes inteŕes no dito evento podes contactar con:

Eugenia Muñoz


Teléfonos:  988 222 199 - 656 473 338

E-Correo: emunoz@roteiros.org


Pero debes ter en conta que para asistir é moi importante ter acceso a Internet e un ordenador. Tamén se aconsella traer teléfono móbil tipo Smartphone (o que o teña) ou ben unha cámara de fotos coa posibilidade de conectar ao ordenador.

Neste enlace tes un pequeno artigo de divulgación para saber máis de Agro-Innovación de Granxafamiliar.com:


A Agricultura Familiar e o futuro do rural en Galicia

 

Tamén pode ver este enlace para saber máis sobre a organización:

Os Xuncos de Espadañedo-Ourense


Para contactar con Gist. Idega. Universidade de Santiago de Compostela:

gist-formacion@usc.es


Para contactar con www.granxafamiliar.com:

granxafamiliar@granxafamiliar.com



 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
 
Proxecto Cofinanciado:
Logo SX de Modernización Plan Avanza II Ministerio de Ciencia e Innovación - Gobierno de España   Licencia de Creative Commons