Granxa Familiar, unha rede pola supervivencia do rural galego
O Movemento Rural Sostible, a través do seu blog, publica unha interesantes entrevista co coordinador do proxecto Granxa Familiar, Carlos Ferrás.
A entrevista fai un repaso polas orixes do proxecto e na evolución da iniciativa, destacando a creación dunha web de rutas etnográficas (www.galiciaautentica.org) e, en especial, a creación da marca Granxa Familiar, a través da que se elaboran e envasan productos ecolóxicos e naturais procedentes das granxas.