Arquivos AsociadosImaxen
As mans no trigo
As mans no trigo
Ampliar
 
As mans no trigo
As mans no trigo
Ampliar
 
As mans no trigo
As mans no trigo
Ampliar
 
Coas mans na masa
Coas mans na masa
Anterior Ampliar Siguiente
 
Sons Videos
Visita a Casa Fente [I]
Visita a Casa Fente [I]
Ampliar
 
Visita a Casa Fente [II]
Visita a Casa Fente [II]
Ampliar
 

Diverciencia 2008. Granxas Dixitais. O CEIP Compañía de María visita Casa Fente.


pasado día 14 de outubro do 2008 o colexio Compañía de María de Santiago de Compostela participou no proxecto “Diverciencia. Granxas Dixitais”, para o que previamente fora seleccionado.


Os nenos e nenas de oito anos de idade, tiveron a oportunidade de gozar dunha xornada didáctica en tres granxas de Galicia seleccionadas para o desenvolvemento das actividades. Os participantes organizáronse en tres grupos diferentes, cada un deles de 25 nenos, e acompañados dun mestre e técnicos do grupo de investigación Gis-T para visitar as granxas de Pazo de Sabadelle, Casa Peregrina, Casa Fente, todas elas localizadas en distintas áreas xeográficas de Galicia.


A saída tivo lugar dende o propio colexio ó redor das dez da mañá e as facianas dos nenos amosaban interese e curiosidade pos coñecer as granxas, pois para a maioría deles era o seu primeiro contacto. Unha vez dentro do bus, foron obsequiados cunha camiseta deseñada exclusivamente para “Diverciencia. Granxas Dixitais”.


A granxa Casa Fente sitúase no concello de Monterroso, máis en concreto na parroquia de Novelúa. Tralo recibimento e a presentación das instalacións por parte de Carlos, o granxeiro de Casa Fente, comezamos co traballo diario que se fai nunha granxa.



Preparados, listos, a plantar!



A granxa dedícase ó cultivo de tomates, leituga, grelos, pementos, repolo, etc..., polo que as actividades levadas a cabo polos/as nenos/as estiveron orientadas cara a agricultura. Deste xeito, cultivaron leitugas, recolleron tomates e debullaron o millo.


Ó remate desta actividade, acercámonos ó curral para dar de comer ás galiñas e recoller os ovos que deixaron en medio da palla.


Escoitar:"Churras, churras"


Antes de xantar, os rapaces disfrutaron coa elaboración do seu propio pan artesán, para o que previamente quentaron o forno e amasaron o pan.



Que ben ule o pan!



A chegada dos tres grupos de volta ó centro tivo lugar arredor das 17:30. Cada neno/a traía consigo unha mostra de produtos da granxa visitada e, pese ó esgotamento de seren granxeiros por un día, un amplo sorriso.


Queremos agradecer dende o equipo de investigación GIS-T da Universidade de Santiago de Compostela, a colaboración de Carlos, o granxeiro de Casa Fente, así como a participación do colexio Compañía de María no proxecto Diverciencia. Granxas Dixitais

 
[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270