Granxa Familiar
Buscador

¿Buscas algo en concreto?
Inserta a palabra que desexas
atopar neste sitio web...

Buscar           Avanzada
ForosForos

 
 -Foros - Responder - Estatisticas - Rexistrarse - Buscar -
Podes expresar todas as túas opinions pero sempre con respecto e educación.

Granxa Familiar / Muller e medio rural / O traballo da muller no mundo rural
Autor Mensaxe
admin
Admin
# Publicado: 30 Abr 2008 10:25
Responder 


A cifra de mulleres que traballan na agricultura é de máis dun cuarto da poboación mundial. Sen embargo, as mulleres só teñen a propiedade do 2% da terra e reciben só un 1% de créditos. ¿ Qué opinades da contribución das mulleres ó desenvolvemento do medio rural?

Rilo
# Publicado: 30 Abr 2008 17:59
Responder 


A sitación da muller no medio rural, salvo excepcións, é de marxinación e explotación. En Galicia resulta que lles corresponde coidar dos fillos, dos avós, da casa, dos animais, da horta,... e que fan os homes, pois traballar fora da casa e xogar a partida na taberna. As nosa mulleres conducen tractores, cociñan e coidan dos neno case ao mesmo tempo. Isto é un atraso e debese cambiar. Como? quizais accedendo á propiedade...

olaria
# Publicado: 29 Mai 2008 18:54
Responder 


As mulleres deben ser empresarias, asumir a dirección e xestión das granxas e pilotar o barco!!!, seguro que o fan mellor. Seguro que non pasaran tanto tempo na taberna xogando a partida... e seguro que baixaría a venda de tractores....

XOSE SERUC
Membro
# Publicado: 24 Xan 2010 23:38
Responder 


RILO E OLARIA, TAN DE COÑA, NON VOS VEXO ACEPTABLE ESO QUE DECIDES, A MULLER, ESO QUE DIN DELA NON MUNDO RURAL, ESO É, SIMPLEMENTE QUE TODAS AS EXPLOTACIONS TAN A NOMBRE DELAS PA ELES PODER TRABALLAR FORA, E CHEGAR A CASA E IR A HEBA DESPOIS DE UN DIA DE TRABALLO NA EMPRESA QUE ESTAN TRABALLANDO, XA CHEGUEI AS NOVE DA TARDE E FUN ARAR ATA AS ONCE, E COMA MIN TODOSM O QUE VAI PA PARTIDA E QUE XA NON TEN NIN EXPLOTACION,
SEXAMOS SERIOS, GRACIAS.

olaria
# Publicado: 26 Xan 2010 21:04
Responder 


Xose Seruc eu creo que tiñamos que facer no rural galego era apoiar ás familias productoras de todos os xeitos posibles. O home por que ten que traballar fora? non tería dabondo que facer apoiando na casa para producir e vender os productos da nosa hora, as nosas carnes, queixos, meles, froitas, etc. O que pasa é que ao final nen somos agricultores, nin labregos, senón que somos albañiles, camareiros, choferes nas máquinas das estradas, etc.; e por riba temos que traballar os domingos co tractor; pois as vacas comen todos nos días! Hai moito que cambiar! Así imos mal... Que podemos facer?
A muller no rural galego, pero tamén os abós xubilados, parece que non teñen descanso... Man de obra barata! Moito temos que cambiar... penso eu!

vcv1
# Publicado: 28 Xan 2010 14:17
Responder 


A min gustaríame enviar o meu apoio a tódalas mulleres que están a coidar do noso agro, xa que sen o seu esforzo e tesón, estaría morto. Tamén estou dacordo con Olaria, deberíase ter unha perspectiva de empresaria, e nada de man de obra "gratis" nin para todo; adicarse a algo e facelo ben. Un saúdo

goreti
# Publicado: 10 Feb 2010 11:16
Responder 


parece que os foros se animan. Ese é o problema; no campo galego temos moito aficionado que renegou polo traballo na construcción e no ladrillo. Na miña parroquia marcharon todos a traballar nas canteiras, nas estradas, nas obras... e quedaron os abós e a muller a tirar do carro... Así non imos para ningures... Fai moita falta xente que faga as cousas ben feitas!

jose manuel
# Publicado: 11 Feb 2010 23:02
Responder 


AMIGO GORETI, creo que estas equivocado ainda que algun pode que renegase, a xente marchamos porque non nos daba para pagar o campo, acordome e digocho de veras, cando tiña eu dezaoito anos que para salir un sabado tiña que adaptarme o que me podian dar na casa meus pais, pois os meus conocidos que traballaban no ladrillo non dependian de ninguen, i eso motivounos a todos a coller camiño por fora, si en realidade comenzase a funcionar ben non marchaba nadie, eso foi o que obligou a xente goreti,o cartiño, e de unha ves que sales despois pillase xa a rutina de traballar fora
e vir tamen pa casa para axudar claro,pero sabes que se falta ese sueldo
non sobrvives os gastos, creeme,un matrimonio que paga a seguridade social, telefono, luz, gasioil, pienso, etc. dime canto queda pa roupa poder ir un fin de semana pasear, vestir nenos, e dicir, non podes estar donde outros de sueldo,ainda que queiras, eso si tampouco se esta mellor vivindo de un sueldo nun piso, jolin quero este meu xeito de traballar en ambolos dous sitios , é agora fai falta mais que nunca que voltamos os anos cincuenta, gracias por lerme, saudos.

goreti
# Publicado: 21 Feb 2010 18:16
Responder 


Jose Manuel, tes razón pero o verdadeiro problema hoxe en día é outro ben distinto. Temos producto de calidade, sabemos como se produce pero non sabemos vendelo. Agora resulta que o ladrillo xa non é a saída e que facemos? Eu creo que os da nómina ao final de mes téñeno moito pero caos que seguimos nas aldeas; pero temos moito que aprender e facer en positivo. Temos que abrirnos ao mundo e aprender a relacionarnos e a estar orgullosos do que somos e do que facemos; sen isto non hai futuro!

olaria
# Publicado: 30 Xun 2010 18:10
Responder 


O mercado de Lusco e Fusco que están creando en Belvís, en Compostela, é moi intersante. Altamente recomendable, outra forma alternativa de comprar alimentos galegos de proximidade... Goreti, convidote a visitalo, celébrase todas as semanas pola tardinha! Parabéns tamén para Granxafamiliar, sode un exemplo...

A tua resposta
Negriña  Cursiva  Subraiada  Vínculo a unha imaxen  Vínculo a unha páxina web 

» Usuario  » Contrasinal 
Podes insertar un nome de usuario sin contraseña, sempre e cando non este rexistrado por outro usuario.
 

[C] Granxa Familiar. 2007. Todos los derechos reservados. Aviso Legal. Máis información no Telef. 647 344 270
Desenvolvido no marco do proxecto SINDUR, do Plan Nacional de I+D+i do MEC e do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Industria da Xunta de Galicia (Sej2006-08889)
Coa colaboración de:
Administración
Unión Europea Ministerio de Educación y Ciencia Xunta de Galicia USC Obra Social CaixaGalicia Feiraco Concello de Antas de Ulla Concello de Brión Concello de Lalín Cáritas